Pobo guane

Pobo guane
Cranio de individuo pertencente ó pobo guane, con deformación ósea intencional.
Poboación
Poboación total:
c  200 (censo de 2018)[1]
Rexións principais:
ColombiaBoyacá, Santander
Aspectos culturais
LinguaLingua muisca
Castelán
RelixiónAnimismo
Grupos
relacionados
Muisca
Lache
U'wa
Muzo

Os guanes son un pobo indíxena de Colombia que viviron na área de Santander e no norte de Boyacá, ámbolos dous departamentos do centro do país. Eran un pobo labrego que falaba a lingua muisca e que cultivaba o algodón, o ananás e outros cultivos, e eran habelenciosos artesáns que traballan os téxtiles de algodón. Os guanes vivían ó norte do río Chicamocha, na área arredor do canón do Chicamocha dende Vélez no sur até Bucaramanga no norte.[2] Porén, outras fontes indican que o seu territorio non se estendía tan ó norte.[3] Guane, un correxemento de Barichara, Santander, era supostamente a capital dos guanes.

Territorio histórico dos guanes.
  1. DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  2. (en castelán) Guane people and their territories
  3. (en castelán) Reconstruction of the Guane people - El Espectador

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search